Neptuno

Neptuno ♆
Neptuno dende a Voyager 2, os días 16 e 17 de agosto de 1989.
Neptuno dende a Voyager 2, os días 16 e 17 de agosto de 1989.
Descubrimento
Descuberto por Urbain Le Verrier
John Couch Adams
Johann Galle
Descuberto o 23 de setembro de 1846
Características orbitais
Raio medio 4 498 252 900 km
Excentricidade 0,00858587
Período orbital 164 a 288 d 13 h
Período sinódico 367,5 días
Velocidade orbital media 5,4778 km/s
Inclinación orbital 1,76917°
Número de satélites 13
Características físicas
Diámetro ecuatorial 49 572 km
Área superficial 7,65×109 km²
Masa 1,024×1026 kg
Densidade media 1,64 g/cm³
Gravidade na superficie 11,0 m/s²
Período de rotación 16 h 6,5 min
Inclinación axial 29,58°
Albedo 0,41
Velocidade de escape 23,71 km/s
Temperatura superficial
min media máx.
50K 53K M/A K
Características atmosféricas
Presión atmosférica 100-300 kPa
Hidróxeno >84%
Helio >12%
Metano 2%
Amonio 0,01%
Etano 0,00025%
Acetileno 0,00001%

Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o máis afastado no noso sistema solar. No sistema solar, é o cuarto planeta máis grande por diámetro, o terceiro planeta máis masivo e o planeta xigante máis denso. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso. Neptuno é máis denso e fisicamente máis pequeno que Urano porque a súa maior masa provoca máis compresión gravitatoria na súa atmosfera. É un dos dous planetas xigantes de xeo do sistema solar (o outro é Urano). Estando composto principalmente por gases e líquidos, non ten unha "superficie sólida" ben definida. O planeta orbita ao redor do Sol unha vez cada 164,8 anos a unha distancia media de 30,1 UA (4.500 millóns de km; 2.800 millóns de millas), unhas 30 veces a distancia da Terra ao Sol.[1] Neptuno recibiu o nome do deus romano dos mares e o seu símbolo astronómico é ♆, unha versión estilizada do tridente do deus.[a]

Neptuno non é visible a simple vista e é o único planeta do sistema solar atopado por predición matemática máis que por observación empírica. Inesperados cambios na órbita de Urano levaron a Alexis Bouvard a deducir que esta era obxecto dunha perturbación gravitacional producida por un planeta descoñecido. Despois da morte de Bouvard, a posición de Neptuno foi predita a partir das súas observacións, independentemente, por John Couch Adams e Urbain Le Verrier. Neptuno foi posteriormente observado o 23 de setembro de 1846[2] por Johann Galle máis ou menos na posición pronosticada por Urbain Le Verrier, e a súa maior lúa, Triton, foi descuberta pouco despois, aínda que ningunha das restantes 13 lúas foron localizadas telescopicamente ata o século XX. A distancia do planeta á Terra dálle un tamaño aparente moi pequeno, polo que é difícil estudar con telescopios terrestres. Neptuno foi visitado pola nave Voyager 2, que sobrevoou o planeta o 25 de agosto de 1989. e, esta, segue a ser a única nave espacial que o visitou.[3][4] A chegada do telescopio espacial Hubble e dos grandes telescopios terrestres con óptica adaptativa permitiron, recentemente, observacións detalladas adicionais dende lonxe.

Do mesmo xeito que Xúpiter e Saturno, a atmosfera de Neptuno está composta principalmente de hidróxeno e helio, xunto con restos de hidrocarburos e posiblemente nitróxeno, aínda que contén unha maior proporción de xeos como auga, amoníaco e metano. Porén, semellante a Urano, o seu interior está composto principalmente de xeos e rochas;[5] Urano e Neptuno son normalmente considerados "xigantes de xeo" para recalcar esta distinción.[6] Xunto coa dispersión de Rayleigh, os rastros de metano nas rexións ultraperiféricas explican en parte o aspecto azul do planeta.[7] Os datos máis recentes do observatorio Gemini mostran que a cor azul está máis saturada que a presente en Urano debido á menor bruma da atmosfera máis activa de Neptuno.[8][9]

En contraste coa atmosfera nebulosa e relativamente sen características de Urano, a atmosfera de Neptuno ten patróns meteorolóxicos activos e visibles. Por exemplo, no momento do sobrevoo da Voyager 2 en 1989, o hemisferio sur do planeta tiña unha Gran Mancha Escura comparable á Gran Mancha Vermella de Xúpiter. Máis recentemente, en 2018, identificáronse e estudouse unha mancha escura principal máis nova e unha mancha escura máis pequena.[10] Ademais, estes patróns meteorolóxicos son impulsados ​​polos ventos sostidos máis fortes de calquera planeta do sistema solar, con velocidades do vento rexistradas tan altas como 2 100 km/h (580 m/s; 1 300 mph).[11] Debido á súa gran distancia do Sol, a atmosfera exterior de Neptuno é un dos lugares máis fríos do sistema solar, con temperaturas nas cimas das súas nubes aproximándose os 55 K (−218 °C; −361 °F). As temperaturas no centro do planeta son aproximadamente 5 400 K (5 100 °C; 9 300 °F).[12][13] Neptuno ten un sistema de aneis débil e fragmentado (etiquetado como "arcos"), que foi descuberto en 1984 e despois confirmado pola "Voyager 2".[14]

  1. NASA. "Neptuno". Consultado o 10 de outubro do 2022. 
  2. Hamilton, Calvin J. (4 de agosto de 2001). "Neptune". Views of the Solar System. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2007. Consultado o 10 de outubro do 2022. 
  3. Chang, Kenneth (18 de outubrode 2014). "Dark Spots in Our Knowledge of Neptune". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 10 de outubro do 2022. 
  4. "Exploration | Neptune". NASA Solar System Exploration. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 10 de outubro do 2022. "En 1989, a Voyager 2 da NASA converteuse na primeira e única nave espacial en estudar Neptuno de preto". 
  5. Podolak, M.; Weizman, A.; Marley, M. (decmbro de 1995). "Comparative models of Uranus and Neptune". Planetary and Space Science 43 (12). pp. 1517–1522. Bibcode:1995P&SS...43.1517P. doi:10.1016/0032-0633(95)00061-5. 
  6. Lunine, Jonathan I. (setembro de 1993). "The atmospheres of Uranus and Neptune". Annual Review of Astronomy and Astrophysics 31. pp. 217–263. Bibcode:1993ARA&A..31..217L. doi:10.1146/annurev.aa.31.090193.001245. 
  7. Kirk, Munsell; Smith, Harman; Harvey, Samantha (13 de novembro de 2007). "Neptune overview". Solar System Exploration. NASA. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2008. Consultado o 10 de outubro do 2022. 
  8. "Gemini North Telescope Helps Explain Why Uranus and Neptune Are Different Colors - Observations from Gemini Observatory, a Program of NSF's NOIRLab, and other telescopes reveal that excess haze on Uranus makes it paler than Neptune". [email protected] (en inglés). Consultado o 10 de outubro do 2022. Observacións do Observatorio Gemini, un programa do NOIRLab da NSF e outros telescopios revelan que o exceso de néboa en Urano fai que sexa máis pálido que Neptuno. 
  9. Magazine, Smithsonian; Kuta, Sarah. "Why Neptune Appears Bluer Than Its Cousin Uranus". Smithsonian Magazine (en inglés). Consultado o 10 de outubro do 2022. 
  10. Shannon Stirone (22 de decembro de 2020). "Neptune's Weird Dark Spot Just Got Weirder – While observing the planet's large inky storm, astronomers spotted a smaller vortex they named Dark Spot Jr.". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2020. Consultado o 10 de outubro do 2022. 
  11. Suomi, V.E.; Limaye, S.S.; Johnson, D.R. (1991). "High Winds of Neptune: A possible mechanism". Science 251 (4996). pp. 929–32. Bibcode:1991Sci...251..929S. PMID 17847386. doi:10.1126/science.251.4996.929. 
  12. Hubbard, W.B. (1997). "Neptune's Deep Chemistry". Science 275 (5304). pp. 1279–80. PMID 9064785. doi:10.1126/science.275.5304.1279. 
  13. Nettelmann, N.; French, M.; Holst, B.; Redmer, R. "Interior Models of Jupiter, Saturn and Neptune" (PDF). University of Rostock. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2011. Consultado o 10 de outubro do 2022. 
  14. Wilford, John N. (10 de xuño de 1982). "Data Shows 2 Rings Circling Neptune". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2008. Consultado o 10 de outubro do 2022. 


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente


Developed by StudentB